Saltar ao contido

Aris B.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aris B.C.
Información xeral
Nome K.A.E. Άρης
Liga A1 Ethniki / BCL
Fundación 1922
Cores           Amarelo, negro
Presidente Grecia Eleftherios Arvanitis
Adestrador Grecia Vangelis Angelou
Localización
Cidade Grecia Tesalónica, Grecia
Pavillón Nikos Galis Hall
Capacidade 4.500
Inauguración 29 de xuño de 1966
Campionatos
C. Saporta 1 (1993)
Copa Korać 1 (1997)
E. Challenge 1 (2003)
Liga 10 (1930, 1979, 1983, 1985–1991)
Copa 8 (1985, 1987, 1988, 1989, 1990, 1992, 1998, 2004)
arisbc.gr

O Aris B.C. (en grego: K.A.E. Άρης) é a sección de baloncesto da sociedade polideportiva Aris con sede na cidade de Tesalónica, Grecia. A sección de baloncesto foi fundada en 1922, oito anos despois que a propia sociedade e a sección de fútbol. O pavillón onde xoga tradicionalmente como local é o Alexandreio Melathron (Nikos Galis Hall).

O Aris é un dos clubs con máis éxito de toda a historia do baloncesto heleno, pousíndo dez campionatos de liga, oito copas, ademais de tres títulos europeos: a Copa Saporta (1993), a Copa Korać (1997) e o EuroCup Challenge (2003). É ademais o único equipo club que participou en todas as edición da A1 Ethniki, máxima categoría do baloncesto grego, xunto co Panathinaikos. Os mellores anos do club foron os anos 1980 e 1990, onde baixo o liderado de Nikos Galis e Panagiotis Giannakis, dominaron o baloncesto heleno. Durante este período o club era alcumado como "O Emperador", sendo votado como o club deportivo grego máis exitoso do século XX.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Doméstico

[editar | editar a fonte]
  • Liga
    • Campións (10): 1929-30, 1978–79, 1982–83, 1984-5, 1985–86, 1986–87, 1987–88, 1988–89, 1989–90, 1990–91
  • Copa
    • Campións (8): 1984-85, 1986–87, 1987–88, 1988–89, 1989–90, 1991–92, 1997–98, 2003-04

Xogadores históricos

[editar | editar a fonte]
Panagiotis Giannakis.
Grecia
Estados Unidos
Resto de América
Antiga Unión Soviética
Antiga Iugoslavia
Resto de Europa
África

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]